DIA 03/12/2021 CONFERENCIA MANUEL PEREZ LORENZO: “Pazo de Meirás: Historia dun espolio”. 20:00 h. LOCAL LAR DE UNTA
DIA 04/12/2021 VISITA GUIADA AO PAZO DE MEIRÁS. 16:00 h. Entrada do Pazo de Meirás (cupo de 20 prazas).
A Asociación Lar de Unta no seu ánimo de recuperación da memoria histórica da nosa nación, ten a ben organizar unhas xornadas de divulgación da problemática relacionada co Pazo de Meirás como exemplo de senlleiro de toda unha época.
Residencia veraniega do dictador Franco, o xeito da súa expoliación dende o patrimonio público para o beneficio dunha familia explicitan o xeito de gobernar durante a dictadura e unha maneira de tratar os bens públicos que aínda está presente nos nosos días servindo para explicar moito do que acontece no noso presente.
O profesor sadense de historia MANUEL PÉREZ LORENZO, fará un documentado repaso a este evento o día 3 de decembro. Manuel Pérez é autor do nomeado libro ‘Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio’ xunto a Carlos Babío.
O día 4 de decembro farase unha VISITA GUIADA AO PAZO. O aforo desta actividade está limitada a 20 persoas, tendo preferencia os socios que se apunten ás dúas actividades (conferencia + visita), sendo que realizarase a inscripción por rigurosa orde de apuntamento (pódense utilizar as canles habituais de mail, wathsapp ou comunicación con membro da directiva). A partires das 23:00 horas do mércores 01 de decembro admitiranse reservas de non socios.