11/11/2023 SAÍDA AOS COGUMELOS

10:00 HORAS – PUNTO DE ENCONTRO BAR VAZQUEZ

A Asociación Lar de Unta organiza unha xornada de saída á busca de setas e cogumelos polos montes de Aranga e Irixoa.

O punto de encontro será o Bar Vázquez ás 10:00 horas da mañá. Dende alí partiremos en vehículos particulares compartidos ás zonas de recollida de setas que poderán variar.

En caso de choiva abundante poderase anular a actividade.

Esta actividade é aberta, podendo apuntarse os interesados a través do mail da asociación lardeunta@lardeunta.org

18:30 HORAS — XORNADA MICOLÓXICA

Pola tarde, no local da Asociación, procederemos a realizar unha pequena presentación sobre as setas e cogumelos recollidos, afondando no coñecemento das especies mais abundantes no noso pais.

Posteriormente realizaremos unha cea co material recollido na xornada.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad