Cineclube: “Bowling for Columbine” de Michael Moore

DÍA 17/01/2024 — 19:30 H

LOCAL DO LAR DE UNTA

Inicia a Asociación as actividades do seu Cineclube coa proxección do filme documental “Bowling for Columbine” neste ano 2024 no que se cumpre o 25 aniversario da nosa Asociación.

Este filme pecha o ciclo de cinema social que estivo a realizar a asociación dende o pasado verán.

Bowling for Columbine é un filme documental estadounidense escrito, producido, dirixido e narrado por Michael Moore. O filme explora o que Moore suxire que foron as principais causas do masacre de Columbine de 1999 e doutros actos de violencia con armas. Moore céntrase no contexto no que se produciu o masacre, nalgunhas opinións e suposicións públicas sobre cuestións relacionadas. O filme mergúllase na natureza da violencia nos Estados Unidos de América.
Un éxito comercial e da crítica, o filme deu a coñecer a Moore internacionalmente e gañou numerosos premios, incluíndo o Oscar ó mellor documental, o Independent Spirit, un premio especial Festival de Cannes, e o César ó mellor filme estranxeiro. Está considetado un dos documentais máis exitosos de tódolos tempos.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad