Lar de Unta en NEGRO : Sumámonos a BETANZOS EN NEGRO

DÍA 20/11/2022 ÁS 12:30

PROXECCIÓN DE VIDEO

Como todos os anos a Asociación Lar de Unta súmase á campaña Betanzos en Negro.

Este ano procederemos a xuntarnos todos os socios e socias, así como amigos e amigas do Lar de Unta, o domingo 20/11/2022 no noso Local para ver un pequeno vídeo sobre o ciclo da violencia de xénero.

A continuación debateremos sobre o tema entre os presentes e tomaremos a tradicional foto para sumarnos á campaña dos concellos de Galiza.

Esperamos contar con vós.

A Directiva de Lar de Unta

 

Daniel Seixo e Alfonso Regueiro, premiados no III Concurso Relato Curto

O pasado fin de semana fallouse o III concurso de Relato Curto Samaín 2022, organizado pola Asociación Lar de Unta.

Resultou premiado na categoría adultos o relato “Cousa do Viño” de Daniel Seixo Paz.

Un relato intimista e social que transcorre no casco vello de Betanzos.

Por outra parte, na categoría de menores de 16 anos, resultou premiado Alfonso Regueiro co relato “Restaurante Familia”.

A entrega de premios consistente nun lote de libros, realizarase o vindeiro sábado día 19 de novembro no local da Asociación, ás 12:30 horas.

Dámoslle a noraboa a ambolosdous premiados e agardamos que disfrutedes da lectura dos relatos.

A DIRECTIVA DO LAR DE UNTA

_____________

Relato Premiado na categoría adultos

Daniel Seixo – Cousa do Viño

Relato Premiado na categoría menor de 16 anos

Alfonso Regueiro – Restaurante Familia

 

Cineclube Lar de Unta: “Zoqueiros, os oficios perdidos”

Día 17/11/2022 ás 20:00 h

ZOQUEIROS, OS OFICIOS PERDIDOS

Entrada de balde ata completar aforo

O vindeiro día 17 o cineclube Lar de Unta ten a ben proxectar o filme sobre os oficios perdidos elaborado polo Museo Etnográfico Monte Caxado.

Este documental etnográfico recolle a experiencia de tres zoqueiros do Norte de Galicia, que desempeñaron este oficio durante o século XX e que son testemuña viva da artesanía galega.

Manuel Fernández Corral (Xermade – Lugo), Leonardo Villamel López (A Pastoriza – Lugo) e José Corral Polo (As Pontes – A Coruña), son os tres protagonistas desta historia a través da que nos falan de traballo, sentimento e paixón por un oficio artesanal que aínda pervive a día de hoxe na súa memoria.

Elena Ferro

Tras a proxección do documental teremos como sempre un colóquio no que contaremos coa presenza de Elena Ferro. Premio Nacional de artesanía, forma parte da terceira xeración de zoqueiros que están actualizando esta arte popular e conectándoa cos modos actuais de vestir.

Saída aos Cogumelos – 05/11/2022

Bar Vázquez  ás 10:00 horas

Continuamos coas nosas saídas aos Cogumelos.

Se o tempo o permite saíremos do Bar Vázquez ás 10.00 horas da mañá e iremos aos concellos limítrofes de Aranga e Irixoa a recoller setas e cogumelos.

Sesión de divulgación sobre as cantarelas – Local Lar de Unta 18.30 horas

Pola tarde faremos unha sesión divulgativa no local de Lar de Unta onde falaremos nesta ocasión das cantarelas.

SAMAIN 2022

DIA 31/10/2022 SAMAÍN 2022

Como conmemoración do Samaín 2022 a Asociación Lar de Unta ten a ben organizar unha serie de actos para cosolidar a recuperación desta data en Betanzos.

31/10/2022  18:00 horas: OBRADOIRO DE CABAZAS

Aberto a todos aqueles nenos que queiran participar, realizaremos como todos os anos un obradoiro de cabazas.

Haberá que apuntarse mandando un mail ao enderezo oficial lardeunta@lardeunta.org para poder  organizar a cantidade de material necesario.

31/10/2022  21:00 horas: MAGOSTO – CHURRASCO

Aberto a todos os que queiran participar.

Por un custo de 10 € para socios e 15 € para non socios, faremos un magosto popular con castañas, churrasco, viño, refrescos e auga, así como un postre.

Haberá que apuntarse mandando un mail ao enderezo oficial lardeunta@lardeunta.org para poder  organizar a cantidade de material necesario.

31/10/2022 23:00 horas: III CONCURSO RELATO CURTO

Até as 23:00 h. poderanse presentar os orixinais deste concurso de relato curto que estará premiado cun lote de libros.

Saída aos Cogumelos – 22/10/2022

Bar Vázquez  ás 10:00 horas

Como todos os anos empezamos a organizar ás saídas aos cogumelos.

Se o tempo o permite saíremos do Bar Vázquez ás 10.00 horas da mañá e iremos aos concellos limítrofes de Aranga e Irixoa a recoller setas e cogumelos.

Sesión de divulgación – Local Lar de Unta 18.30 horas

Pola tarde faremos unha sesión divulgativa no local de Lar de Unta onde falaremos dos distintos tipos de setas e poñeremos en común a recollida do día.

SAMAÍN 2022 : III CONCURSO DE RELATOS CURTOS

III CONCURSO DE RELATO CURTO SAMAÍN 2022

DATA LÍMITE: 31/10/2022 ÁS 23:00 HORAS

A Asociación Lar de Unta ten a ben convocar o III Concurso de Relato Curto Samaín 2022 nas dúas categorías de menores de 16 anos e adultos.

A data límite de presentación de relatos finaliza o día 31 de outubro ás 23:00 horas, e deberán enviarse por mail ao enderezo lardeunta@lardeunta.org acompañado dos datos de contacto.

O premio consistirá nun lote de libros.

Esta actividade enmárcase nos actos do Samaín que a nosa Asociación ven desenvolvendo tradicionalmente para recuperar esta tradición. Un obradoiro de cabazas e un magosto popular completarán os eventos que en próximas datas anunciaremos.

A DIRECTIVA DE LAR DE UNTA


BASES DO III CONCURSO DE RELATOS SAMAIN 2022

III CONCURSO DE MICRO-RELATO

ASOCIACIÓN G.C.D.X. LAR DE UNTA

MODALIDADE: Concurso de micro-relato co motivo Samain

OBXECTO: Micro-relatos relacionados coa celebración do SAMAIN, cunha extensión máxima de 200 palabras e escritos en galego. Deben ser relatos inéditos e orixinais. Serán válidos relatos escritos á man ou a ordenador.

CATEGORÍAS:

– Ata 16 anos (inclusive).

– Maiores de 16 años.

PRESENTACIÓN: Enviar ao correo electrónico lardeunta@lardeunta.org (indicando en asunto: concurso relatos Samaín e nome do concursante). Desde o 16 de outubro ata as 23:00 horas do 31 de outubro do 2022; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.

PREMIO: 1 único premio por categoría, tralo fallo do xurado. Este estará composto por tres membros da directiva da Asociación. O premio consistirá nun presente valorado en 15 euros por categoría.

A entrega do premio realizarase o día 06/11/ ás 12:30 horas no local da Asociación.

*Nota:
Os/as participantes ceden gratuitamente os dereitos de reprodución, distribución e/ou comunicación pública gratuíta en calquera soporte dos traballos presentados á Asociación Lar de Unta. Máximo 2 presentacións por participante e categoría..
Os traballos enviados fóra dos prazos establecidos non serán tidos en conta.

2022-10 Samain – bases concurso relatos

Diálogos no Lar : Constantino Chao e “O Camiño Inglés, de onte e hoxe”

DÍA 19/10/2022    20:00 HORAS

DIALOGOS NO LAR CON CONSTANTINO CHAO

“O Camiño Inglés, de onte a hoxe”

O profesor Constantino Chao nos ilustrará cunha agradable conferencia sobre o Camiño Inglés.

Disertará sobre curiosidades e anécdotas sobre este camiño que tanto pulo está a coller nos últimos anos, sobre todo na nosa vila.

Constantino Chao adicou á súa vida ao ensino en diversos institutos de Galicia, sendo un dos especialistas do noso pais no Camiño de Santiago.  Esta betanceiro de pro, comentaranos diversas historias e mitos sobre o Camiño e a súa realidade.

Cineclube Lar de Unta: Eucaliptus

DIA 20/10/2022 ÁS 20:00 HORAS

LOCAL DA ASOCIACIÓN LAR DE UNTA

O vindeiro día 20 o cineclube Lar de Unta proxectará o documenta de Elena R. Flores e Miguel Souto, “Eucaliptus”. Posteiromente haberá un coloquio cos membros da plataforma Infesta non se Contamina.

Eucalyptus é un documental de 2018, producido por Elena R. Flores e Miguel Souto, que trata sobre o impacto ambiental e económico do eucalipto en Galicia. A profunda repoboación forestal das últimas décadas mermou a paisaxe galega e está a destruír a biodiversidade autóctona. O documental mostra, a través da visión de expertos, como incidiu este cambio de modelo forestal e o seu novo modelo económico.

Coñecendo Galiza: Ribadeo e Praia das Catedrais

Días 07, 08 e 09 de outubro.

Ribadeo e Praia das Catedrais.

A Asociación Lar de Unta coma todos os anos organiza unha excursión a un lugar senlleiro do pais.

Nesta ocasión visitaremos a Mariña, e desprazarémonos ata Rinlo dende onde visitarmos a Praia das Catedrais e a localidade de Ribadeo.

A xornada iniciarase o venres e rematará o domingo, sendo que nos aloxarmos no establecemento Casa Fandín.

A asistencia é restrinxida ata un número de prazas de 33 persoas, tendo preferencia os socios para apuntarse á mesma.

Calquera dúbida pode preguntarse contactando con calquera membro da Asociación Lar de Unta  que redirixirán a un membro da directiva.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad