Diálogos No Lar: Con Manuel Pérez Lorenzo e o PAZO DE MEIRÁS

ENLACE PARA ACCEDER Á EMISIÓN EN DIRECTO A PARTIRES DAS 19:00 HORAS.

Manuel Pérez Lorenzo: “Do espolio á Revolución: Pasado e presente do Pazo de Meirás”.

O vindeiro día 14 ás 19.00 horas teremos a presencia de Manuel Pérez Lorenzo que disertará sobre o pasado, presente e tamén o futuro do Pazo de Meirás na conferencia: “Do espolio á Revolución: Pasado e presente do Pazo de Meirás”.

Manuel Pérez ven de presentar realizado xunto a Carlos Babío,  Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio. 

Posteriormente celebrarase un debate entre os presentes.

Como sempre o aforo está limitado a 20 persoas e poderá reservarse por anticipado no mail lardeunta@lardeunta.org .

Esperamos que sexa do voso interese.

 

SAMAIN 2020: PROXECIÓN FILM O APÓSTOLO Sábado 31/10/2020 ás 20.00 h.

A película de animación “O Apóstolo”, a primeira en Europa realizada en animación stop motion estereoscópica, será proxectada polo Cine Clube LAR DE UNTA o vindeiro sábado 31 de outubro ás 20:00 no local do Lar de Unta na rúa Pescadería 3 de Betanzos.

 

 

 

A cinta dirixida por Fernando Cortizo arrincou a súa andaina internaci

onal no Festival Internacional de Cine de Moscova en 2012 sendo a primeira vez que este festival seleccionaba unha película de animación na sección oficial a competición. Gañadora do Festival de cine español de Marsella, mellor filme de animación dos Mestre Mateo 2013 e ci co premios máis neses prémios da Academia, finalista dos Goya e preseleccionada para os Oscars de Hollywood, o filme galego é unha referencia inteenacional na animación. Foi premiada tamén nos festivais de Anneci e Sitges ou o primeiro premio no Festival Expotoon de Bos Aires, o máis importante de Latinoamérica. Estes galardóns avalan a calidade e o talento dunha película que conta con actores como Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Carlos Branco, Luis Tosar, Celso Bugallo, Isabel Blanco, Pedro Alonso e Xosé Manuel Olveira “Pico”, que lle dan voz, apariencia e xestualidade aos bonecos de plastilina que protagonizan o filme.

SAMAIN 2020: CONCURSO MICRO-RELATOS – BASES

MODALIDADE: Concurso de micro-relato co motivo Samain

OBXECTO: microrrelatos relacionados coa celebración do SAMAIN, cunha extensión máxima de 200 palabras e escritos en galego. Deben ser relatos inéditos e orixinais. Serán válidos relatos escritos á man ou a ordenador.

CATEGORÍAS:

– Ata 16 anos (inclusive).

– Maiores de 16 años.

PRESENTACIÓN: enviar ao correo electrónico lardeunta@lardeunta.org (indicando en asunto: concurso relatos Samaín e nome do concursante). Desde o 26 de outubro ata as 23:30 horas do 30 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.

PREMIO: 1 único premio por categoría, tralo fallo do xurado. Este estará composto por tres membros da directiva da Asociación. O premio consistirá nun presente valorado en 15 euros por categoría.

*Nota:
Os/as participantes ceden gratuitamente os dereitos de reprodución, distribución e/ou comunicación pública gratuíta en calquera soporte dos traballos presentados á Asociación Lar de Unta. Máximo 2 presentacións por participante e categoría..
Os traballos enviados fóra dos prazos establecidos non serán tidos en conta.

SAMAÍN 2020

Neste ano 2020 e ante toda a problemática provocada polo COVID19, a Asociación Lar de Unta vai mudar a celebracion do tradicional Samain. Se habitualmente celebrábamos un obradoiro de Cabazas para os mais pequenos, o pasarrúas pola zona vella  e unha festa popular, imos pasar a facer uns actos diferentes pero cremos que moi atractivos.

  1. Concurso de Relato Curto.

A Asociación Lar de Unta ten a ben convocar un concurso literario que se ceñirá ás seguintes bases:

2020-10 Samain – bases concurso relatos

Poderanse presentar orixinais en dúas categorías ata o venres 30/10/2020.

Procederase á entrega dos premios o sábado día 31/10/2020 ás 19:00 horas.

  1. Proxeción da película O APOSTOLO  a traverso do noso Cineclube.

Sábado día 31/10/2020 ás 20.00 horas.

Coñecer Galicia – Os Peares e Cañón do Sil 9 a 12 de Outubro

A excursión do programa Coñecer Galicia deste ano sería a Os Peares (aloxamento no Centro de Inmersión Lingüística) que se encontra cerca da Ribeira Sacra .
Este centro e grande ,con habitacions de 4 e de 2 ,con baño individual cada unha. As habitacions non teñen Cociña.
Iríamos no mes de Outubro,os días 9,10,11,e voltariamos o día 12.
Cada un iría no seu coche ,ou en grupo.
Fariamos saídas curtas e comeríamos nos Peares. (Almorzos,comidas e ceas serían nese centro).
Visita ao Mosteiro, posible ida no Catamarán pola Ribeira do Sil e facer pequenas excursions .
Podemos decidir mais cousas dependendo do número de xente .(e sempre que podamos realízala ).
O Prezo da excursión serán 40 euros , os pequenos a metade.
Todo se realizará dentro das prevencións polo COVID.

Para apuntarse tedes de prazo ata o Venres 25 de Septembro.

Moitas Grazas a tod@s.

VOLVE O CINE AO LAR DE UNTA 24/09/2020 “Entrar aos Vilares”

Despois de varios meses de suspensión de actividades a causa da pandémia do COVID 19, o Cine Clube LAR DE UNTA retoma as proxeccións o próximo xoves 24 de setembro ás 20:00 co filme ENTRAR AOS VILARES de Cibrán Tenreiro. A película foi finalista en tres categorías da #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O filme mostra a experiencia e sensacións de tres mozos que non naceron na aldea nin coñecen o lugar ao entrar na parroquia do poeta Díaz Castro, nos Vilares de Guitiriz cando lles encargan realizar un documental sobre a aldea do poeta.

Unha introspección no rural onde os paisanos se convirten nos protagonistas da narración da súa propia história, costumes, relacións, vivencias…

Entrar aos Vilares ten acadado un notábel éxito e se ten proxectado en máis de 70 lugares por toda Galicia.

Este filme será editado o próximo mes en DVD acompañando o libro ‘Lareira de soños’ de Pastora Veres, de Edicións Fervenza. Ao remate da proxección, como é habitual, terá lugar un coloquio con responsabeis da producción do filme.

O acto adaptarase a tódalas normas do COVID 19, limitación de aforo (20 persoas), uso obrigatorio de mascariña, distancias de seguridade e control de asistentes. A entrada é de balde.

Convocatoria de Asemblea Xeral – 5 de xullo de 2020

O día 5 de Xullo terá lugar a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Lar de Unta.

A mail temos enviado a convocatoria,os datos económicos do ano pasado e o documento para o voto delegado por si alguén non pode asistir.

A orde do día será:

1.- Aprobación da Acta Anterior

2.- Comunicar Altas e Baixas de Socios

3.- Informar das actividades realizadas no ano 2019

4.- Ingresos e Gastos do ano 2019

5.- Rogos e preguntas

Tera lugar no local da Asocicion o día 05/07/2020 ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria.

Moitas Grazas a todos

Noelia Luisa Pérez Longueira.

0_Convocatoria Ordinaria da Asambleab (1)

2020-01 Impreso de Delegación de Voto

Xornadas de Limpeza do Local

Co motivo do peche do Local con motivo do Covid19 así como pola realización das obras de amaño do tellado, estímase imprescindible a realiación dunha limpeza xeral.

Polo tanto convócase aos soci@s da Asociación a colaborara na limpeza do local nas seguintes datas:

Día 26/06/2020 Venrres – 19.00 h

Día 27/06/2020 Sábado – 19.00 h

Día 04/07/2020 Sábado – 19.00 h.

Esperamos contar coa túa presenza.

SELECCIÓN CARVALHO CALERO

DIA 21 / 11 / 2020 – LOCAL DO LAR DE UNTA: HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO 

CERNA DE CARVALHO… CARVALHO CALERO

A asociación Lar de Unta, co ánimo de non deixar pasar este ano sen facer unha homenaxe a don Ricardo Carvalho Calero, ten a ben organizar unha xornada de divulgación da súa figura e de debate sobre a situación do galego e o seu futuro.

18:30 Ofrenda a Ricardo Carvalho no adro de Santa María de Betanzos

19:00 Proxeción do filem “O Decreto Filgueira”.

19:30 Coloquio entre os ponentes Dores Cao (profesora no IES As Mariñas) e Ramiro Vidal Alvarinho (escritor e activista cultural), desentrañando as diferentes posturas sobre o camiño que ten que tomar a nosa língua en realación coa súa norma oficial.

Como sempre o acto está limitado a 20 persoas e deberán gardarse as limitacións da actual pandemia (máscara e distancia de seguridade). Poderase reservar con antelación a traverso do mail oficial ( lardeunta@lardeunta.org ) e no Was de socios.

 

———————————————————-

DIA 17/05/2020

Co ánimo de difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero e grazas á labor da AGAL como catalizador de todas as homenaxes e da criazón da páxina Carvalho2020.gal , temos a ben reproducir aquí a selección de documentarios seleccionadas nesa páxina con ánimo da súa divulgación.

Carvalho Calero vs. Filgueira Valverde

DECRETO FILGUEIRA

CARVALHO CALERO, A POSIBILIDADE DE RECTIFICAR A HISTORIA

CARVALHO CALERO. AUTODETERMINAÇOM, LINGUA, ESPERANÇA

O PORVIR DA LÍNGUA

Cine Clube Lar de Unta: Decreto Filgueira

DECRETO FILGUEIRA. Documental en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70.

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad