FEIRA FRANCA MEDIEVAL 2022

8 – 9  e 10 de xullo 

Feira Franca Medieval

Como en todas as Feiras Francas, a Asociación Lar de Unta abrirá o seu local ao público para que todos os betanceiros e betanceiras así como as persoas que nos visitan poidan disfrutar da Feiras no seu sentido mais auténtico.

Contamos contigo.

Tras estes anos de pandemia a Asociación quere contribuir ao renacemento da Feira Franca coa nosa presenza e volvendo a poñer a dispor de todos os veciños toda a nosa experiencia nas anteriores Feiras.

Prezos populares e un ambiente agradable aberto a todos.

XORNADAS IRMANDIÑAS 2022 : XOAN BRANCO

XORNADAS IRMANDIÑAS : XOAN BRANCO

Como preludio da Feira Medieval, a Asociación ven de organizar unhas xornadas previas ao inicio da Feira poñendo en relevancia unha figura senlleira da época medieval da vila, para afondar no coñecemento del por parte de toda a cidadanía. neste ano a figura homenaxeada é a de Xoan Branco.

Un completo calendario para poñer en valor a figura deste Irmandiño que foi figura determinante nas revoltas que condicionaron o Betanzos medieval.

26/06/22 domingo 12:00h. Palco Música Andaina guiada polo Betanzos Medieval
27/06/22 luns 20:00h. Salón Azul conferencia “O espiritu revolucionário de Antolin Faraldo” por Dani Seixo
28/06/22 martes 20:00h. Biblos presentación do libro coa obra teatral de Maria Xosé Lamas “Un corvo en Caldaloba”
29/06/22 mércores 20:00h. Salón Azul recital poético de vári@s poetas: “Recital poético Irmandinho”
30/06/22 xoves 20:00h. Biblos conferencia de Fran ZABALETA, autor do libro “Xoán Branco e a grande revolta Irmandinha”
Sketch teatral na Feira Medieval adicado á figura de Xoan Branco

XOAN BRANCO

Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi o dirixente máis representativo da gran revolta irmandiña que sacudiu Galiza entre 1467 e 1469, o único capitán xeneral, que saibamos, que non procedía do estamento nobiliario, como sucedeu no caso de Alonso de Lanzós, Diego de Lemos e Pedro Osorio, os outros tres grandes nomes da revolta.

Branco é citado polos documentos da época como deputado, representante ante o rei, capitán xeneral e, fundamentalmente, home honesto e cabal, amigo dos pobres e preocupado polos abusos dos señores. Aparece na memoria colectiva derrubando fortalezas, ordenando o axustizamento de malfeitores e acudindo ante o rei Henrique IV en representación dos irmandiños. Foi quen de agrupar a labregos, burgueses, artesáns, mercadores e cregos na defensa da paz e o bo goberno. A súa morte, tras a derrota da Irmandade, está rodeada de misterio. As fontes afirman que «o mataron», aínda que sen especificar quen nin en que circunstancias. A súa memoria perdurou no imaxinario popular como exemplo de home xusto e defensor dos humildes.

A gran revolta irmandiña

gran revolta irmandiña, fito fundamental da historia non só de Galiza senón das revolucións modernas europeas, foi un fenómeno transversal que aglutinou as arelas de cambio de todos os sectores sociais do antigo reino de Galiza. Moi diversas institucións, concellos, gremios, cabidos, abadías, etc., implicáronse na loita contra as arbitrariedades da nobreza, sufragaron a guerra e contribuíron creando cuadrillas de voluntarios para derrubar fortalezas e expulsar a señores e malfeitores. Foi a primeira revolta europea que ergueu a todo un pobo e conseguíu a implantación, aínda que por un breve período de tempo, dunha nova orde baseada na xustiza e a equidade. Á fronte estaban as Xuntas da Irmandade do Reino de Galiza, o antecedente da actual Xunta de Galiza, que artellaron unha organización que foi quen de facer fuxir aos nobres, extirpar o bandoleirismo, organizar a administración de xustiza, o poder militar e o cobro de tributos en representación do rei e impoñer a paz.

A gran revolta irmandiña segue a ser a gran descoñecida da nosa historia como país. Xeralmente, coñécense de forma superficial os feitos, mais permanece no esquecemento o seu alcance e a súa trascendencia. Pois a revolta supuxo a fin da cabaleiría medieval en Galiza e abríu as portas á idade moderna. A revolta dos irmandiños, coa súa capacidade para erguer a todo un pobo contra das inxustizas e arbitrariedades da nobreza, é un acontecemento que expresa como poucos a forza da unidade nuns viláns sometidos a un sistema social tan brutal como inxusto. Por méritos propios, forma parte dese reducido conxunto de xestas das que a humanidade enteira debe sentirse, con razón, orgullosa. Pois, ao cabo, a gran revolta irmandiña non é sino un chanzo máis na procura da liberdade e a dignidade humanas.

A presente obra só ten unha pretensión: achegar, a través da figura dun dos impulsores deste movemento, aqueles trascendentais feitos dos que os nosos antergos foron protagonistas. Porque neles, nos sucesos deses anos, alenta o mellor de nós como país.

Lumeiradas 2022 no Lar de Unta

DIA 23/06/2022 LUMEIRADAS – 20:00 horas.

Volvemos retomar as Lumeiradas tradicionais do Lar de Unta.

Esta ano celebrarémola o 23 de xuño de 2022, sendo como é festivo galego o día seguinte.

20:00 horas
Preparación do lume por parte dos socios que se apunten. Os socios que estean dispostos a colaborar na preparación poden poñerse en contacto coa directiva.

21:00 horas
Sardiñada aberta a socios e invitados (haberá pan, churrasco e sardiñas así como viño e auga). Outro tipo de bebidas (cervexa e refrescos será de pago).

Custo de 5€ para socios
(10 € para non socios)

SOCIOS PODEN APUNTARSE ANTES DO 15 DE XUÑO AS 23:00 horas
(18 de xuño para non socios sempre que haxa prazas libres -informarase o 15/06-).

Vémonos o día 23.

A Directiva de Lar de Unta

Xosé Ramón Pena presenta o seu libro “En tempo de desconto en Betanzos”

Día 07/06/2022

hora: 18:30 h. Visita ao Lar de Unta. Local da Asociación.

hora: 19:30 h. Presentación Oficial en Betanzos do libro “En tempo de desconto”. Libraría Biblos.

O vindeiro martes día 07 de xuño de 2022, a Asociación Lar de Unta, ten a ben organizar  a visita do escritor betanceiro Xosé Ramón Pena quen presentará o seu novo libro “En tempo de desconto”.

O acto comezará cunha visita á nosa Asociación ás 18:30 horas, á cal estarán convidados todos as socias que queiran asistir. O escritor procederá á entrega e sinatura da súa nova obra adicada ao Lar de Unta, cunha breve presentación.

Posteriormente ás 19:30 horas, no local da libraría Biblos, procederase á presentación oficinal na nosa vila da obra “En tempo de desconto”, presentando o acto a nosa socia Chus Ansede, contando co propio autor así como coa directora comercial de editorial Galaxia, Tati Mancebo.

EN TEMPO DE DESCONTO

Este libro de relatos é un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico.

 

 

Letras Galegas 2022 – Moncho Bouzas e “Argonauta”

DIA 21/05/2022 – 20:00 h. Presentación Libro

O noso socio Moncho Bouzas, presentará o seu libro de poemas “Argonauta” (ed. Medulia, 2022) ás 20:00 horas.

O evento estará presentado por María Pereira e contará coa presenza de Antón de Guizán.  No acto disfrutaremos da lectura dos versos do noso socio e aclararanos o sentido do poemario e o seu posicionamento dentro da obra do autor.

 

ARGONAUTA

Cuns contidos fundamentalmente de temática mariñeira, e en grande parte vinculada ás súas terras de Esteiro, o libro conta con unha fermosa portada da tamén muradana Amália Costa Bouzas, ilustracións de Enrique Fernández e fotografías interiores do científico Xurxo Mariño.

Letras Galegas – 2022 – Cineclube Lar de Unta – Decreto Filgueira

Día 19/05/2022 – 20:00 h Cineclube – Decreto Filgueira

O día 19/05/2022 visionaremos o video “Decreto Filgueira” contando coa presenza de Xosé María Monterroso, membro fundador de AGAL e ex-presidente da AC O Facho da Coruña.

Posteriormente desenvolverase un coloquio entre os presentes sobre a situación da língua no presente.

O documental repasa os diferentes posicionamentos lingüísticos e as formulacións normativas que cada un deles xerou desde que en 1970 Carvalho Calero sacara as primeiras Normas Ortográficas do Idioma Galega da Real Academia Galega e que forn asumidas como proias polo mundo de Galaxia. E explica tamén as discusións, debates e mesmo negociacións entre duas propostas “dissidentes que acabariam por tornar-se irreconciliáveis”: a autonomista, aglutinada arredor do Instituto da Lingua Galega (ILG) e a reintegraconista, que se foi nucleando arredor do propio Carvalho Calero, que a cada paso asumía posturas máis lusistas.

VER “DECRETO FILGUEIRA”

 

 

Lar das Letras 2022 – Emilio Gurriarán

Lar de Unta dende a súa fundación ten un política militante coa defensa e promoción da nosa Língua.

Nesta ano 2022 organizamos dous actos que nos reafirman nese compromiso.

Día 19/05/2022 ás 20:00 h.  Xoves

Proxección do documental “DECRETO FILGUEIRA” que versa sobre o proceso de normativización do noso idioma nos albores da autonomía galega dos anos oitenta. Posteriormente celebrarase un coloquio sobre o asunto contando coa presenza de Xosé María Monterroso.

Día 21/05/2022 ás 20:00 h. Sábado

 

O noso socio Moncho Bouzas, presentará o seu libro de poemas “Argonauta” (ed. Medulia, 2022) ás 20:00 horas.

Cuns contidos fundamentalmente de temática mariñeira, e en grande parte vinculada ás súas terras de Esteiro, o libro conta con unha fermosa portada da tamén muradana Amália Costa Bouzas, ilustracións de Enrique Fernández e fotografías interiores do científico Xurxo Mariño.

Viñofolk no Lar de Unta con A Fuliada e Pagos de Brigante

DIA 7/5/2022  VIÑOFOLK NO LAR DE UNTA

ADEGA: PAGOS DE BRIGANTE

GRUPO: A FULIADA

20:00 h. PRESENTACIÓN DA ADEGA PAGOS DE BRIGANTE

21:00 h. VIÑOFOLK CON PAGOS DE BRIGANTE E A FULIADA.

Voltamos co Viñofolk tras o parón provocado pola pandemia.

Nesta ocasión teremos con nós á Adega Pagos de Brigante, criada no ano 2020 por Luis Sande e familia, é unha das que na actulidade mais está a apostar polo Denominación Xeográfica Protexida Terra de Betanzos.

 

Ás 20.00 horas, Luis Sande, presentaranos a aposta da súa adega polo noso viño, o seu presente e o seus proxectos de futuro, así como unha pequena explicación dos seus principais caldos postos no mercado na actualidade.

 

As 21.00 horas comezaremos o Viñofolk coa presenza dos viños da Adega Pagos de Brigante e contaremos co grupo folk A Fuliada . Este grupo folk de Betanzos amenizará como sempre ao longo da noite diversos intres da velada coa súa música.

Como sempre, a comida correrá por conta doa xente que participe, e a garrafa de viño venderase ao prezo posto polo adegueiro cun donativo engadido de 1 euro para agasallar aos músicos.

O aforo será de 50 persoas incluídos os músicos e os invitados da adega.  Os socios poderán apuntarse por riguroso orde de apuntamento ata o día 4 de maio. Posteriormente abriremos o evento a persoas alleas á asociación.

 

 

Carlos Taibo no Lar de Unta presentando o seu libro “Rusia frente a Ucrania”

Día 30/04/2022 – 20:00 h –  Local Lar de Unta

PRESENTACIÓN DO LIBRO: “RUSIA FRENTE A UCRANIA. IMPERIOS, PUEBLOS, ENERGÍA” de CARLOS TAIBO

O vindeiro sábado día 30 de abril, Carlos Taibo, presentará o seu libro “Rusia frente a Ucrania. Imperios, pueblos, energía”. O evento comezará ás 20.00 horas do serán, estando aberto o acceso ata completar aforo.

Carlos Taibo

Carlos Taibo era profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. É firme partidario do movemento antiglobalización, do decrecemento, da democracia directa e do anarquismo. Afirma que «a globalización avanza cara a un caos que escapa a todo control».  É membro do consello editorial de Sin Permiso desde a súa fundación en 2006 e ten publicado artigos en varios medios, como Público

É autor de máis de trinta libros en castelán e galego, moitos deles relativos ás transicións na Europa central e oriental e temas xeopolíticos de interese xeral. Os seus libros sobre o decrecemento contan con varias reedicións.

Rusia frente a Ucrania

Neste libro, Carlos Taibo, trata as claves fundamentais das tensións entre Ucraína e Rusia, coas potencias occidentais nun segundo plano. Con vocación pedagóxica, pero tamén co obxectivo de dar resposta a boa parte do discurso que ofrecen os nosos medios, este libro pretende analizar o fundamental claves desas tensións. A este respecto, sopesa a condición contemporánea dos dous países, a crise ucraína de principios de 2014 e as diferentes tramas que se revelaron en Crimea e no leste de Ucraína. Ao mesmo tempo, achega unha reflexión crítica sobre o papel que en todo o anterior corresponde a Estados Unidos, a Unión Europea e a propia Rusia.

Criación da COMISION DA FEIRA FRANCA MEDIEVAL 2022

COMISIÓN FEIRA MEDIEVAL 2022.
Ante as informacións de que o Concello de Betanzos ten a intención de celebrar a Feira Medieval este ano; temos a ben invitar a todos os socios que o desexen, a participar na COMISIÓN DA FEIRA MEDIEVAL.
Para iso terán que apuntarse antes deste domingo día 24/04/2022 a través desta canle, mandando un mail a lardeunta@lardeunta.org ou dando aviso a calquera membro da directiva.
A continuación procederase a facer a primeira reunión para realizar a constitución formal e empezar a organizar o evento.
Este ano a Asociación nos necesita a tod@s.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad