Eva Teixeiro presenta Mapa.gal

Día 02/05/2024  — 20:00 h

Local de Lar de Unta

A escritora  Eva Teixeiro presentará este o día 02 de maio a súa obra  “mapa.gal” no local da Asociación Lar de Unta de Betanzos. No evento contaremos coa propia autora así como coa tamen escritora Eli Ríos.

A súa nova publicación é un libro de poesía que, nas súas palabras, supón “unha aposta pola palabra, esa matria que habita o silencio, mentres a música da choiva envolve a chaira”.

A escritora luguesa conta que en xaneiro de 2016 sente que “a semente asenta e todo encaixa“. Soubo entón “que creara unha obra”, o poemario ‘mapa.gal’, que agora “percorre as rúas, nas mans e no bico da xente”.

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad