Cineclube Lar de Unta. Documental “Ucraíña en chamas” de Oliver Stone

LOCAL DO LAR DE UNTA

XOVES31/03/2022  19:30 horas

A asociación Lar de Unta, de cara a profundizar na problemática e comprensión do que está a ocorrer en Ucraíña, ten a ben proxectar o documental do afamado director norteamericano Oliver Stone en versión orixinal subtitulada.

Como ponente para o posterior debate contaremos con Xoan Antón Pérez Lema, advogado e columnista en diversos medios de comunicación galegos.

Sobre o documental

Oliver Stone non é novo no cine político e documental. En “Ukraine on Fire”, este coñecido director de cine estadounidense conta o que cre que provocou a dramática crise ucraína. Non son só factores que teñen que ver co presente. A súa xestación e desenvolvemento están intimamente ligados, tamén ao pasado, a un pasado sanguento.

Entre as persoas que Oliver Stone entrevistou no seu documental están o expresidente de Ucraína, Viktor Yanukovich; Vladimir Putin, e tamén o exministro do Interior de Ucraína, Vitali Zajárchenko.

Desde 2004 converteuse nun sanguento campo de batalla entre a OTAN e Rusia. Ao longo do documental vanse aclarando pouco a pouco moitas das dúbidas que xorden sobre unha Ucraína, de cuxa historia tiñamos poucas noticias. Se queres saber en que consistiron realmente os motivos dos litixios neste punto candente da Europa actual, non deixes de ver con atención o documental que estamos encantados de ofrecerche.

Asemblea Xeral Ordinaria 2022

Día 27/03/2022 – 11:00 h.

LOCAL DA ASOCIACIÓN – RUA DA PESCADERIA 3

Conforme aos estatutos da Asociación, a presidenta, Noelia L. Pérez Longueira, procede a convoar a Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2022.

Esta terá lugar no local da Asociación o domingo 27/03/2022 sito en rúa da Pescadería, ás 11:00 h. en primeira convocatoria e ás 11:30 h en segunda.

A orde do día será:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior.

2.- Plan de Actividades

3.- Memoria de Actividades.

4.- Balance de Contas do ano 2021.

5.- Orzamento do ano 2022

6.- Rogos e preguntas.

En Betanzos, a 19 de febreiro de 2022

2022-02 Convocatoria Asemblea Anual

Cineclube Lar de Unta con Marcos Nine e “Virxe Roxa” o día 3 de marzo de 2022

Día 03/03/2022 – 20:00 h. – CINECLUBE LAR DE UNTA

Proxección do documental “A VIRXE ROXA” dirixido por Marcos Nine.

O director Marcos Nine, persoalmente, apresenta en Betanzos e na asociación Lar de Unta o seu premiado documental “A Virxe Roxa”.

 “A virxe roxa” ven de gañar o premio ó Mellor filme documental no Blackboard International Film Festival na India e foi finalista nos prémios Mestre Mateo para mellor documental e mellor montaxe.

“A virxe roxa”, documental dirixido por Marcos Nine, é unha produción de Recrea Filmes.

Sinopse: En 1933 Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era unha da feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaba previsto.

Copa de Nadal no Lar de Unta

O 17/12/2021 ás 20;00 horas, todos os socios están invitados a tomar un pequeno ágape de Nadal.

Unha copiña de viño e uns doces para xuntarnos un intre.

O aforo estará limitado a 35 persoas simultáneas mantendo a distancia de seguridade e co uso da máscara.

Diálogos no Lar: Sergio Fernández e Dagga

SERGIO FERNÁNDEZ: “DAGGA E OS NOVOS NEGOCIOS”

DIA 09/12/2021         20:00 h.

LOCAL DE LAR DE UNTA. Entrada libre ata completar aforo

Sergio Fernández, administrador da empresa betanceira DAGGA, ilustraranos nunha pequena conferencia sobre o novo negocio que representa a comercialización do CBD (cannabidiol).

O cannabidiol é un fitocannabinoide descuberto en 1940. É un dos 113 cannabinoides identificados nas plantas de cannabis, xunto co tetrahidrocannabinol, e representa ata o 40% do extracto da planta.

Presentamos aquí un enlace á artigo de La Opinión onde explican unha introdución á importancia desta sustancia e o seu xeito de comercialización, sendo a empresa DAGGA de Betanzos unha das empresas punteiras de Galiza adicada a esta actividade.

 

PAZO DE MEIRÁS. Historia dun espolio. con MANUEL PEREZ LORENZO

DIA 03/12/2021  CONFERENCIA MANUEL PEREZ LORENZO: “Pazo de Meirás: Historia dun espolio”. 20:00 h. LOCAL LAR DE UNTA

DIA 04/12/2021 VISITA GUIADA AO PAZO DE MEIRÁS. 16:00 h. Entrada do Pazo de Meirás (cupo de 20 prazas).

A Asociación Lar de Unta no seu ánimo de recuperación da memoria histórica da nosa nación, ten a ben organizar unhas xornadas de divulgación da problemática relacionada co Pazo de Meirás como exemplo de senlleiro de toda unha época.

Residencia veraniega do dictador Franco, o xeito da súa expoliación dende o patrimonio público para o beneficio dunha familia explicitan o xeito de gobernar durante a dictadura e unha maneira de tratar os bens públicos que aínda está presente nos nosos días servindo para explicar moito do que acontece no noso presente.

O profesor sadense de historia MANUEL PÉREZ LORENZO, fará un documentado repaso a este evento o día 3 de decembro. Manuel Pérez é autor do nomeado libro ‘Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio’ xunto a Carlos Babío.

O día 4 de decembro farase unha VISITA GUIADA AO PAZO. O aforo desta actividade está limitada a 20 persoas, tendo preferencia os socios que se apunten ás dúas actividades (conferencia + visita), sendo que realizarase a inscripción por rigurosa orde de apuntamento (pódense utilizar as canles habituais de mail,  wathsapp ou comunicación con membro da directiva). A partires das 23:00 horas do mércores 01 de decembro admitiranse reservas de non socios.

 

 

 

Dialogos no Lar: Constantino Chao e “Historias e Mitos do Camiño de Santiago”

DIALOGOS NO LAR – Constantino Chao:

“UN CAMIÑO DE LENDA. Historias e mitos do Camiño de Santiago”

DIA 30/11/2021     20.00 h

Local do Lar de Unta – Acceso libre ata completar aforo.

O vindeiro martes día 30/11/2021 estará  no Lar de Unta o profesor universitario Constantino Chao disertando sobre “Historias e Mitos do Camiño de Santiago”.

Constantino Chao adicou á súa vida ao ensino en diversos institutos de Galicia, sendo un dos especialistas do noso pais no Camiño de Santiago.  Esta betanceiro de pro, comentaranos diversas historias e mitos sobre o Camiño e a súa realidade.

 

LAR DE UNTA e BETANZOS, EN NEGRO. 25N

No ano 2021, a Asociación Lar de Unta apoia poñer o foco na violencia de xénero de cara á celebración do 25N.

Sumámonos á campaña Betanzos en Negro, en colaboración co resto do tecido asociativo, comercio e hostalaría betanceira así como co CONCELLO DE BETANZOS, promotor do evento. 

Convidamos aos nosos socios a asistir o día 25 á lectura do manifesto na Praza da Constitución por parte do Goberno Local para amosar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero.


Diálogos con Bieito Lorenzo e o “Fin do Neoliberalismo e Renda Básica”.

XOVES DÍA 18/11/2021 – HORA: 20:00 horas.

DIALOGOS NO LAR con BIEITO LORENZO e “FIN DO NEOLIBERALISMO E RENDA BÁSICA. POR UNHA ECONOMÍA DO BEN COMÚN”.

O noso compañeiro e socio do Lar de Unta, Bieito Lorenzo Penela, membro do Colectivo pola Renda Básica Universal, vai explicar nun acto divulgativo o que representa a Renda Básica Universal como alternativa ao Neoliberalismo imperante e a súa importancia como base para unha economía do Ben Común.

As crises recurrentes que nos asolan demostran a necesidade dunha alternativa que pasa pola creación duns novos piares para a nosa convivencia. Un deles estase a demostrar que pode ser a Renda Básica Universal como garantía de liberdade e benestar para a sociedade no seu conxunto.

Bieito Lorenzo ilustraranos sobre o que é a Renda Básica e o que representa como fórmula alternativa ao Neoliberalismo.

 

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad