Asemblea Ordinaria e Extraordinaria

Día 11/06/2021 – 19.30 horas en primeira convocatoria e 20.00 horas en segunda convocatoria.

Aula de Cultura Xulio Cuns – Edificio Arquivo. Praza de Galicia 1 – Betanzos

Asemblea Ordinaria e Asemblea Extraordinaria 2021 da Asociación Lar de Unta.

ORDE DO DÍA – ASEMBLEA ORDINARIA

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Presentación das contas do ano 2020
  3. Balance de Actividades
  4. Rogos e pregunta

ORDE DO DÍA – ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

  1. Elección da Xunta directiva
  2. Rogos e Preguntas

 

Presentación da DIXITALIZACIÓN DA REVISTA O POXIGO

A Asociación Lar de Unta ten a ben poñer a dispor de toda a cidadanía a dixitalización de todos os números da revista O Poxigo editada por ela na primeira década do século.

Esta acción permitirá dispor de todos os números en formato PDF descargable de xeito que se pode acceder a todo o contido da  nosa vella revista en calquera intre a traverso da páxina web na pestaña correspondente O Poxigo

Consideramos que é unha mostra de valorización do pasado da nosa asociación e reflicte toda unha época da sociedade betanceira a traverso das súas páxinas.

Este recurso presentarase no local da Asociación o vindeiro venres ás 20.00 horas coa comparecencia do primeiro e segundo director da revista nos seus sete anos de historia, Xabier Doporto e Bieito Lorenzo respectivamente.

O evento estará aberto a toda a cidadanía ata completar aforo de 13 persoas.

 

Presentación do Libro de XABIER GAYOSO: “A lúa ouveada polo mundo”

VENRES DÍA 16/04/2021 – ÁS 19:00 HORAS NO LOCAL DA ASOCIACIÓN LAR DE UNTA – Rúa Pescadería 3 – 15300 BETANZOS

O polifacético autor Xabier Gayoso, gañador do I concurso de relato curto de Samaín da Asociación Lar de Unta vai presentar o vindeiro venres no local da nosa Asociación o seu último libro “A lúa ouveada polo mundo”.

Este libro, escrito durante o confinamento, ven de converterse no número 1 de vendas en Amazón en galego.

Sinopse

Nunha pequena aldea galega atópase o anelo dun profesor: traballar nunha das mellores escolas experimentais do mundo.
Pronto descubrirá que o seu soño se converteu nun pesadelo.
A morte dunha nena obrígao a reconstruír o último curso nun relato no cal as vellas lendas e a Santa Compaña crúzanse cos acontecementos ocorridos en Tui durante a Guerra civil española.

 

CINECLUBE LAR DE UNTA: “Asterix o Galo”

A Asociación Lar de Unta programa para estas datas a través do seu Cine Clube o 30 de decembro, “Asterix o galo” un clásico de animación que proxectaremos no idioma galego.
A película proxectarase ás 19:00 horas, o acceso será libre até completar aforo e respetando todas as medidas sanitarias marcadas polas autoridades, nas distancias, uso de xel e máscaras e co aforo restrinxido.
O  filme é para tódolos públicos.
ASTERIX O GALO
Sinopse:
Asterix, o galo, loita contra a dominación dos romanos  no seu território e conta coa axuda do seu amigo Obelix para protexer a súa  aldea. Na batalla, é moi importante a poción preparada polo druida da aldea, que promete traer coraxe para todos.
Galiza e a Galia gardan moitas similitudes e Asterix ben podería ser un galego. Neste filme poderémolo imaxinar así ao ser a versión en idioma GALEGO!
Data de lanzamento: decembro de 1967 (Bélxica)
Director: Ray Goossens
Música composta por: Gérard Calvi
Elenco: Roger Carel, Pierre Tornade, Jacques Morel, Jacques Jouanneau
Autores: Albert Uderzo, René Goscinny

Presentación de Libro: JOSÉ RAMÓN TOGORES HERNANI: “Adegas do viño do país, Betanzos. Unha tradición por reinventar”

DIA 29/12/2020 — 19.00 HORAS.

José Ramón Togores Hernani, autor do libro “Adegas do viño do país, Betanzos. Unha tradición por reinventar” (2020) . Editorial A.C. Eira Vella, presentará o seu libro na nosa asociación.

Libro baseado no seu traballo de fin de mestrado, no cal entende que as Adegas do Viño do País son espazos familiares de consumo, propios da comarca de Betanzos, onde a poboación acude para degustar os viños locais procedentes do excendente de produción anual.

A continuidade desta tradición, símbolo do patrimonio vivo da comarca, atópase hoxe nunha situación de incertidume debido a que o número de persoas que a perpetúa tende a diminuir. O actual contexto socioeconómico e cultural parece demandar unha transformación da vitivinicultura local así como unha adaptación desta tradición á cultura moderna. A través dunha metodoloxía que combina diferentes técnicas cualitativas (revisión bibliográfica, recopilación de material de arquivo e documental, entrevista e observación participante) caracterizáronse as Adegas do Viño do País en funcionamento tratando de analizar a súa realidade dende o punto de vista dos seus protagonistas e reflexionando sobre as distintas formas en que esta tradición podería reinventarse para sobrevivir.

CINECLUBE LAR DE UNTA: “La matanza caníval de los garrulos lisérgicos”

DIA 28/12/2020 — 19:00 h.
A Asociación Lar de Unta programa para estas datas a través do seu Cine Clube dúas proxeccións de películas denteo do ‘Cinema de Nadal’, a primeira o día 28 de decembro (Día dos Santos Inocentes) “La matanza caníval de los garrulos lisérgicos”, un filme galego de 1991 claramente transgresor e gamberro e a segunda o 30 de decembro, “Asterix o galo” un clásico de animación que proxectaremos no idioma galego.
Ambas películas proxectaranse ás 19:00 horas, o acceso será libre até completar aforo e respetando todas as medidas sanitarias marcadas polas autoridades, nas distancias, uso de xel e máscaras e co aforo restrinxido.
Os dous filmes son para tódolos públicos.
LA MATANZA CANÍVAL DE LOS GARRULOS LISÉRGICOS
Sinopse:
Un grupo de rapaces regresa dun concerto de heavy metal a altas horas da noite. Entre cervexas e canutos sofren un accidente e vense obrigados a buscar axuda. A amabilidade e hospitalidade dos Machado, que viven nun núcleo rural adicado á producción “artesanal” de embutidos. Axiña despertará suspicacias entre os mozos que, sin querelo, van a verse envoltos nunha trama caníval sen precedentes…
Julián Hernández, Juanillo Esteban ou Manquiña son algúns dos protaginistas deste filme irreverente e gamberro de série B ideal para o día dos Santos Inocentes!!
Dirección
Antonio Blanco
Ricardo Llovo
Reparto
Manuel Manquiña
Juanillo Esteban
Julián Hernández
César Strawberry
Belén Negreira
Mamen Rivera
Marcos Taboas
Teté Delgado

Diálogos no Lar: Bieito Lorenzo e a Renda Básica

Día 28/12/2020 ás 17:00 horas Bieito Lorenzo nos falará sobre a Renda Básica universal nun acto mais inserido dentro dos Diálogos no Lar.

Nesta xornada divulgativa explicarase o concepto e alcance da Renda Básica Universal e poderase debatir sobre a mesma aclarando as cuestións que se prantexen.

Bieito Lorenzo é socio do Lar de Unta. Naceu en Vigo o 16-02-1956.  É licenciado en Bioloxía (USC, 1978) e en Ciencias Políticas e Socioloxía (Uned, 2004), funcionario de administración local e membro do Colectivo pola Renda Básica de Betanzos.

 

Programación Nadal: Pechamos o ano 2020

Como colofón deste ano no que tan complicado se nos fixo poder intenter convivir cunha certa normalidade, todas as seccións do Lar de Unta despídense esperando que o novo ano nos permita recobrar todas as xuntanzas que nos facían disfrutar da compañía da familia e amigos sen ningún tipo de cortapisa.

Para rematar o ano presentamos catro actos que esperamos sexan do voso agrado.

Todos estes actos celebraránse de acordo ao protocolo de seguridade marcado polas autoridades, gardando a distancia de seguridade e co uso de máscara obrigatorio.

DIA 28/12/2020  —  17:00 h.

DIALOGOS NO LAR CON BIEITO LORENZO  E A RENDA BÁSICA UNIVERSAL

DIA 28/12/2020 — 19:00 h.

CINECLUBE LAR DE UNTA: “Matanza Canibal dos Garrulos Lisérgicos”.

DIA 29/12/2020 — 19:00 h.

PRESENTACIÓN DE LIBRO. JOSÉ TOGORES HERNANI: “Adegas do Viño do Pais, Betanzos. Unha tradición por reinventar”.

DIA 30/12/2020 — 19:00 h.

CINECLUBE LAR DE UNTA: “Asterix o Galo”.

 

 

 

Asemblea Extraordinaria día 27/12/2020

O vindeiro día 27/12/2020 ás  11:30 horas en primeira convocatoria e ás  12:00 horas en segunda convocatoria,  celebrarase Asemblea Extraordinaria no Local do Lar de Unta co seguinte orde do día:

  1. Cotas anuais a Fragas do Mandeo
  2. Rogos e preguntas.

Dada a importancia do tema primarase que os socios que o desexen poidan  realizar a delegación do voto do xeito estipulado a traverso do documento existente na páxina web [ 2020-01 Impreso de Delegación de Voto ] .

Lembramos que o aforo máximo do local é de 20 persoas.

Recibide un cordial saúdo.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad