Conversas no Lar con Cosme Damián

Día 09/11/2025 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

Nesta nova edición das Conversas no Lar teremos connosco a Cosme Damián Romay. Este veciño de Requián  forma parte do Grupo Naturalista Hábitad.  Licenciado en bioloxía pola USC, ten o diploma de estudos avanzados pola UDC e estudos de doutoramento en taxonomía e bioxeografía de aves de Galiza.

Con Cosme teremos unha agradable conversa sobre o patrimonio natural betanceiro e do resto da contorna.

Como sempre esta charla será retransmitida en directo a través da canle de facebook do Lar de Unta e posteriormente subida á nosa canle de youtube.

 

II Saída aos Cogumelos 2025

Día 08/11/2025 — 10:00 h

Saída ás Setas e Cogumelos

10:00 h PUNTO DE ENCONTRO:
BAR VÁZQUEZ en Saavedra Meneses
Desprazamento en vehículos particulares
Até os montes de Irixoa e Aranga
(EN CASO DE CHOIVA SUSPENDERASE)

20:30 h XORNADA MICOLÓXICA
LOCAL DE LAR DE UNTA
Coas setas e cogumelos recollidos realizaremos
explicacións sobre as diferentes especies.

Apuntamentos: lardeunta@gmail.com

Conferencia con Carlos Solla e o Clube de Rugby de Betanzos

DIA 8/11/2025 — 12:30 H

Local de Lar de Unta

O próximo día 8 de novembro, ás 12:30 horas,  imos celebrar na Asociación Lar de Unta unha conferencia coa presenza de Carlos Solla, co título: “Betanzos, berce do rugby penitenciario español”.

A continuación, ás 13:30 horas,  tomaremos un vermú para dialogar entre todos os presentes e que sirva de encontro de toda a xente relacionada de algún xeito co CLUB DE RUGBY DE BETANZOS.

Rememoraremos vellos tempos e visualizaremos algunha das fotos históricas do noso clube.

A xente que conte con fotos desa época e queira compartilas pode envialas por wathsapp ao 6220591032.

Pregamos a máxima difusión.

Samaín 2025

SAMAÍN 2025 — 31/10/2025

LAR DE UNTA

A Asociación Lar de Unta organiza o seu Samaín popular coa celebración dun magotos no local da súa Asociación.

Asaremos castañas e disfrutaremos da celebración desta noite tan especial para todos os galegos.

Prepararemos cabazas e adornaremos o local para a ocasión.

O Samaín   é unha festividade celta que marca o remate da tempada da colleita e comezo do inverno. Tradicionalemente é celebrado o 31 de outubro ou o 1 de novembro, xa que o día celta comeza ao solpor. Na nosa bisbarra a nosa asociación foi das primeiras en loitar pola recuperación da costume de baleirar as cabazas e poñerlle lume dentro como tradicionalmente se facía con outras verduras que logo se situaban nos camiños.

 

Saída aos Cogumelos

DÍA 18/10/2025 — 10:00 H

PUNTO DE ENCONTRO: BAR VAZQUEZ

(SAAVEDRA MENESES – 15300 BETANZOS)

O día 18 de outubro realizaremos a saída á recollida de setas e cogumelos que realizamos todos os anos.

Os interesados en participar deberán apuntarse no mail lardeunta@gmail.com

10:00 h . O punto de encontro será o Bar Vázquez (sito en Rúa Saavedra Meneses) ás 10:00 h. O desprazamento será en vehículo particular compartindo os gastos do mesmo.

O percorrido será polos montes de Aranga e Irixoa.

Prégase ir con calzado e roupa cómoda, unha cesta de mimbre e chubasqueiro.

18:30 h. Pola tarde realizarmos unha xornada micolóxica no local da Asociación Lar de Unta onde comentaremos as principais setas e cogumelos recollidos. Asimesmo, explicaranse técnicas de preparación culinaria das mesmas.

En caso de choiva suspenderase a actividade, aínda que se decidirá o mesmo día.

Cineclube Lar de Unta: Manolo González e O cineísta andarego

DIA 16/10/2025 — 20.30 h

LOCAL DE LAR DE UNTA

Nesta ocasión presentaremos no noso Cineclube o libro de Manolo González “O Cineísta Andarego”.

Neste libro aborda a vida de Bernardino de Lamas, en realidade un pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón, quen é un dos pioneiros cineistas amateur de Galicia.

Manolo González, é un dos grandes referentes da investigación e a creación do cine no noso pais. Sendo un luxo contar con el novamente entre nós. Sempre ameno e divertido, será un pracer asistir a esta presentación na que proxectaremos pequenos curtos relacionados co tema.

Entrada libre ata completar aforo.

 

Concerto Presentacion Disco Alfredo Erias: Brasil em voz baixa

Día 19/09/2025 — 20:00 h

LOCAL DE LAR DE UNTA

ALFREDO ERIAS MARTINEZ presentará o seu disco BRASIL EM VOZ BAIXA no local da Asociación Lar de Unta de Betanzos, sita en Rúa Pescadería 3.
Tras unha vida acadando o máximo recoñecemento dentro do ámbito da xestión cultural como director do Museo, Biblioteca e Arquivo de Betanzos, editando e marcando fitos coas investigación historiográficas propias e a través da súa dirección do Anuario Brigantino, Alfredo Erias volta ás súas orixes na música publicando o seu primeiro album completo con músicas adicadas a Brasil.

O vindeiro día 19 de setembro ás 20:00 horas, no local de Lar de Unta e coa presenza do compositor, procederáse á celebrar un concerto de presentación do disco nunha sesión aberta a todo o público que queira participar.

BIOGRAFÍA

Alfredo Erias Martínez naceu en Presedo (Abegondo, A Coruña, Galicia, España) o 29-05-1954 e é historiador, pintor e debuxante, ademais de gravador. Academicamente é licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela.
Desde inicios de 1981 ata finais de 2020, e como funcionario do concello de Betanzos, foi director do Arquivo e Biblioteca municipais. Asímismo, dirixiu desde 1984 o Museo dás Mariñas e a revista de investigación Anuario Brigantino (38 números desde o nº 6 de 1983 ata o 43 de 2020).
De 1989 a 1992 foi coordinador para a Xunta de Galicia da organización de 52 arquivos municipais nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense, publicando varios traballos respecto diso.
Desde 2008 a 2012 foi coordinador xeneral de Restauro: revista internacional do Patrimonio Histórico. E dirixiu tamén a revista de investigación, Rudesindus, da Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo (desde o nº 11 de 2018 ao 14 de 2021).
É membro de diversas entidades culturais e recibiu o Premio Pedra do Destino 2015 por parte dos Amigos dous Museos de Galicia.
Paralelamente, como investigador, publicou diversos libros e un bo número de traballos. Por outra banda, realizou máis de cen exposicións pictóricas. E, como debuxante arqueolóxico, é autor de máis de mil debuxos, relativos sobre todo á imaxe dos galegos do mundo antigo e medieval.
É presidente da Fundación L. Monteagudo.
En xuño de 2025 publicou o seu primeiro álbum de música, BRASIL EM VOZ BAIXA.

Cineclube coa Renda Básica Universal

Día 11/09/2025 — 20:00 h

Local de Lar de Unta

A Asociación Lar de Unta proxectará dentro da programación do seu cineclube o documental Renda Básica Universal.

Neste filme trataremos a vixencia e valores da Renda Básica Universal como elemento de garantir uns ingresos mínimos que permitan a liberdade persoal e a cohesión social a través deste instrumento económico.

A continuación celebraremos un interesante debate sobre o tema coa presenza de Bieito Lorenzo Penela, membro do colectivo pola implantación da RBU, e de Pas Veres Rosende, traballadora social.

 

Torneo de Fútbol Lar de Unta 2025

Día 13/09/2025 — 10:00 h

Pavillón Municipal de Betanzos

Celebramos a edición de 2025 do noso Torneo de Fútbol, iniciado no ano 2024. Este torneo xurdiu como homenaxe ao primixenio equipo que tivemos hai mais de dúas décadas.

HORARIO

10:00 h. SGCD LAR DE UNTA vs ARCD A RIBEIRA
11:00 h. BAR KIKO vs BAR O CANDIL
12:15 h. GRAN FINAL

14:30 h. CONVITE NO LOCAL DE LAR DE UNTA

Posteriormente no noso local haberá un convite a todos os equipos participantes e convidados que se queiran achegar.

Conversas no Lar con Angel Arcay

Día 06/09/2025 — 12:00 h

Local de Lar de Unta

O Lar de Unta  convida a un novo encontro do seu Ciclo de Conversas, un espazo onde personalidades de relevancia nos eidos cultural, social e vital da nosa contorna comparten as súas experiencias e proxectos.

Nesta ocasión, teremos a honra de recibir a Ángel Arcay, director do BAM (Biblioteca, Arquivo e Museo Municipal) de Betanzos, unha das institucións culturais máis dinámicas e importantes da comarca.

Ángel Arcay é unha figura clave na xestión cultural betanceira. Ao fronte do BAM, non só se encarga da custodia e conservación do rico patrimonio documental, bibliográfico e material da cidade, senón que impulsa con visión de futuro a súa divulgación e posta en valor. A súa traxectoria está marcada por un profundo coñecemento da historia local e un compromiso firme coa innovación e a apertura ás novas xeracións.

Nesta conversa íntima e distendida coñeceremos as experiencias, as pasións e as motivacións que o levaron a dedicar a súa vida á xestión cultural. Un relato persoal que sen dúbida inspirará a todos os presentes.

Ademais escoitaremos de primeira man os proxectos que están actualmente en marcha e os soños que ten en mente para a BAM de Betanzos. Imos descubrir as novidades que agardan aos usuarios, as novas exposicións, os retos dixitais, as actividades de dinamización lectora e as estratexias para seguir sendo un faro cultural de referencia.

Este acto está dirixido a todos os públicos: amantes da historia, veciños interesados polo futuro da súa cidade, estudantes, lectores ávidos e a todas aquelas persoas que cren no poder transformador da cultura.

O evento será transmitido polo facebook de lar de unta e logo colgada na nosa canle de youtube.

 

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de cookies. Se segues navegando aceptalas.    Ver
Privacidad